Certames 2009

IX Certamen Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra

Bases

Dende o venres 2 ata o domingo 4 de outubro celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra o IX Certame de Bandas de Música da Deputación. Na xornada dominical participou a nosa banda resultando vencedora na sección especial, interpretando a obra obrigada “Meigas”, de Juan-Gonzalo Gómez Deval. A Agrupación Musical do Rosal que dirixe Diego Javier Lorente López tocou tamén a obra libre: Pinos de Roma, de Ottorino Respighi, transcr. Yoshihiro Kimura.

Acadando 345 puntos.1º Premio.

Banda de Música Municipal de Silleda (director: Rafael Agulló Albors. Obra libre: Sinfonía nr.1: La Vall de la Murta, de Andrés Valero Castells).

Acadando 343 puntos 2º Premio

Unión Musical de Valladares (director: José Iglesias Ramilo. Obra libre: Second Symphony, de James Barnes)

Acadando 261 puntos 3º Premio.

A xunta directiva da Agrupación Musical do Rosal, as autoridades municipais e todos os rosaleses felicitan ao director da banda de música así como tamén a todos os músicos que participaron en dita actuación.

Parabéns polo resultado acadado! Agora toca seguir traballando duramente para así poder gozar doutros futuros primeiros premios.

 

Desde aquí tamén queremos felicitar a todas as Bandas que participaron neste Certame, e destacar a excelente actuación da Banda Municipal de Silleda.

38 Certamen Internacional de Bandas de Música Vila de Altea 2009 Ler Bases

XIX Certamen Nacional de Bandas de Murcia

Murcia, 14, 15 e 28 de novembro do 2009. aberto o prazo de inscripción hasta o 19 de xunio do 2009
Bases