Son de Outono

Mostras de Corais 2007

San Miguel de Oia e o Rosal participan nos encontros de corais que promove a Consellería de Cultura

Os concellos do Rosal e Vigo San Miguel de Oia participan no programa de encontros corais que organizan a Consellería de Cultura e Deporte e a Federación Coral Galega. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o traballo musical que elaboran estas formacións musicais no noso país.

En total benefícianse desta actividade 17 concellos e participan 62 corais.

En San Miguel de Oia (Vigo) disfrutaron dun concerto coral o pasado sábado e no Rosal a cita será o próximo día 20. Será ás 20.30h na Igrexa Parroquial de Santa Mariña.